O BNG de Santiago denuncia o despido dunha traballadora tras anunciar o seu embarazo
O grupo municipal defenderá no pleno unha moción para que a Corporación local mostre o seu apoio á muller.
O BNG de Santiago de Compostela defenderá no pleno unha moción para que a Corporación local mostre o seu apoio a unha muller despedida tras comunicar o seu embarazo, un "novo caso de vulneración dos dereitos por razón de xénero".
Segundo explicou o BNG, a muller comunicou por escrito á empresa o 26 de maio que estaba embarazada de 10 semanas, de acordo co protocolo do centro de traballo. "Ese mesmo día, o xefe transmitiulle por escrito que o seu traballo era bo e que continuaría ata fin de contrato", recolle a formación nacionalista.
Con todo, tres días despois, a empresa fíxolle entrega do documento de rescisión de contrato por "non superar o período de proba satisfactoriamente", quedando a muller en "situación de especial vulnerabilidade".
Escribe o teu comentario