A Xunta publica ortofotografías das principais cidades de Galicia

Datan do 1946 e a súa importancia radica na súa utilidade para comprobar os cambios producidos nas zonas urbanas galegas.


|

Ortofotografia


A Xunta de Galicia publicou ortofotografías do ano 1946 pertencentes ás principais cidades galegas. En concreto, tal e como indicou a Xunta nun comunicado, a importancia deste traballo radica na súa utilidade para comprobar os cambios producidos nas zonas urbanas.


Ademais, tamén permite analizar a evolución e dinámicas fluviais e hidrográficas, repoboacións e superficies de cultivo, variacións localizadas nos ámbitos mineiros, canteiras e grandes infraestruturas.


Así pois, o Instituto de Estudo do Territorio acaba de incorporar aos visores de información xeográfica nunha nova capa de fondo con estas imaxes, que foron tomadas desde o aire, a escala cartográfica e libres de deformacións, o que permite o seu uso como mapas e mesmo a realización de medicións.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE