Os concellos con centros penais piden "compensacións" á Xunta
Trátase de Curtis (A Coruña), Outeiro de Rei e Monterroso (Lugo), A Lama (Pontevedra) e Pereiro de Aguiar (Ourense).
A sección da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) de concellos con centros penais pediu á Xunta "unha compensación" que lles permita dar "os servizos básicos" a estas instalacións.
A través dun comunicado, Curtis (A Coruña), Outeiro de Rei e Monterroso (Lugo), A Lama (Pontevedra) e Pereiro de Aguiar (Ourense) deron conta de que xa trasladaron esta petición ao vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda.
Diso, achegaron un informe cos gastos que están a asumir cos seus propios fondos, tanto polos centros penais e a poboación recluída como pola "sobrecarga" dos xulgados de paz.
Ao seu entender, o Goberno galego "mostrou unha boa receptividade" ás súas peticións e, de feito, "adquiriu o compromiso de analizar o estudo" a fin de "poder atender as súas demandas" e "canalizar a resposta".
Escribe o teu comentario