Localizan nun pozo en Lugo o cadáver dun home que estaba desaparecido
O home de 59 anos estaba desaparecido desde a tarde de este martes.
Efectivos de emerxencias localizaron na tarde deste mércores no interior dun pozo en Lugo o cadáver dun home de 59 anos que estaba desaparecido desde a tarde deste martes.
Segundo informou o 112, foi un fillo do falecido o que deu a voz de alarma ao redor das 15,00 horas deste mércores.
Segundo indicou, o seu pai desprazouse este martes a unha leira da súa propiedade, na zona de Calde. Engadiu que atoparan un paquete de tabaco dentro do pozo, polo que temían que o home puidera caer dentro.
Con estes datos, o persoal de emerxencias mobilizou aos bombeiros de Lugo, ao 061 e á Policía Nacional.
Unha dotación dos bombeiros atopou o cadáver despois de baleirar o pozo.
Escribe o teu comentario