Unha ruta sobre consumismo no Día Mundial do Medio Ambiente

A Asociación Amigos da Terra trata de explicar aos escolares de Ourense o impacto dos seus hábitos cotiáns.


|

Comprasconsumismobolsas


A Asociación Amigos da Terra organiza este luns en Ourense unha ruta destinada a escolares sobre as consecuencias do consumismo con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente.


Así, baixo a denominación de 'A ruta do consumismo', terá lugar un percorrido polas rúas do centro histórico da cidade de Ourense no que participarán alumnado de dous centros educativos.


A ruta estará centrada en catro ámbitos de consumo relacionadas coa mocidade: alimentos, roupa, cosméticos e equipos electrónicos.


En cada unha das paradas, os participantes terán a oportunidade de coñecer o impacto dos seus hábitos de consumo cotiáns co obxectivo de fomentar a implicación con que estes sexan máis xustos e responsables.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE