A Xunta promociona nun cartel unha especie invasora
Como parte da información sobre o Camiño Natural do Barbantiño, destacan unha nutria que ameaza a biodiversidade.
Imaxe do cartel coa nutria. //Foto: Aprafoga
Os paneis informativos deberían ser en calquera caso o máis rigorosos posible ou farán máis mal que ben confundindo as persoas interesadas. Pois a Xunta meteu a pata coa información que recolle nun dos carteis colocados no Camiño Natural do Barbantiño, situado ao norte de Ourense, tal e como lamentan desde a Asociación Profesional dos Axentes Forestais e Medioambientais de Galiza. E é que resaltaron a presenza na súa contorna dunha nutria considerada como unha especie invasora.
O panel informativo atópase no Camiño Natural do Barbantiño, unha ruta que discorre ao longo do río co mesmo nome durante algo máis de dez quilómetros por unha contorna natural de gran beleza, salpicada por pequenas pontes e pasarelas, e onde a presenza de vellos muíños dá fe da importancia dos ríos na historia de Galicia.
Escribe o teu comentario