"Non vai haber unha vara máxica que elimine as visións internas"

Os militantes e os cargos socialistas esperan "lealdade" e "unidade" ante o resultado destas primarias.


|

Primariaspsoe



Xornada importante para o socialismo español, que elixe hoxe o seu modelo para os próximos anos. Conscientes das posturas enfrontadas dentro do partido, os cargos socialistas que foron votando nos distintos puntos do Estado coinciden en lanzar unha mensaxe de unidade e de lealdade, imprescindible para que o partido saia reforzado do proceso.


Así, o portavoz no Parlamento galego, Xoaquín Fernández Leiceaga, espera que este domingo sexa "o primeiro día" do "consenso" necesario nas filas internas do PSOE.


Leiceaga, que non se situou publicamente por ningún dos tres candidatos, indicou que a previsible "participación elevada" tras "a recollida de avais" fará que que "o que saia elixido teña un apoio notable". "Sobre esa base pódese construír un proxecto sólido", apostilou.


"Non vai haber unha vara máxica que elimine as visións internas. A democracia obriga a aqueles que teñen unha posición minoritara a colaborar con aquel que ten posición maioritaria para sacar adiante un proxecto", expresou.


Na mesma liña expresouse Pilar Cancela, afín a Pedro Sánchez, indicou que "por responsabilidade", os militantes socialistas terán que "facer un esforzo de sumar, non de coser" a partir de mañá. "Se militamos todos no partido socialista malo será que non atopemos puntos de encontro", aseverou.


Pola súa banda, Abel Caballero, reiterou este domingo o seu voto por Susana Díaz, porque a considera a candidata que "non queren nin o Partido Popular nin Podemos" e "a mellor candidata para o PSOE e para España". "Gañando Susana, vai gañar o PSOE e España, e van perder o Partido Popular e Podemos", insistiu.


CANDIDATOS


A candidata Susana Díaz acudiu a votar esta mañá e fixo un chamamento á participación nas primarias para "levantar o partido a partir de mañá" e abrir un "tempo de unidade e xenerosidade" que permita "reforzar a fraternidade" nas filas socialistas. Tamén quixo deixar claro que o mellor para o partido "vai empezar a partir de mañá porque millóns de cidadáns van reencontrarse co PSOE".


Pedro Sánchez incidiu nunha mensaxe similar. "Mañá, todos a falar de unidade e a poñer rumbo á Moncloa, que é o que necesitan millóns de progresistas", manifestou, convencido de que "a quen beneficia a participación é ao PSOE".


Neste sentido, incidiu en que hai "unha única familia socialista" a pesar de que hoxe se decida entre "dous modelos" que, ao seu xuízo, "non son antagónicos e poden convivir dentro do PSOE", a pesar do cal cre que o partido "se debía este debate" debido a que durante os últimos anos "pasaron moitas cousas". "Mañá empeza todo e hoxe non acaba nada", asegurou.


Tamén na "recuperación do PSOE" centrou Patxi López as súas palabras. Así mesmo, confía en que este luns sexa "o primeiro día no que todos xuntos" recuperen "o mellor Partido Socialista". "É o que espera a cidadanía. Non podemos enredar noutras cuestións. Mañá é o primeiro día da recuperación do PSOE", sentenciou.


OUTROS LÍDERES


O presidente da Comisión Xestora do PSOE, Javier Fernández, asegurou tras votar as primarias na Casa do Pobo de Xixón que "neste día hai que poñer en valor a nosa democracia interna".


O ex presidente Zapatero espera "a vitoria" da candidata andaluza, pero desexa "por encima de todo gañar o PSOE" e que desde mañá comece un etapa onde "todos traballen sexa cal sexa o resultado".


Preguntado por se el gañaría un proceso de primarias tan aberto coma este, Rodríguez Zapatero, que confesou non facerse nunca esa cuestión, para lembrar que no ano 2000 o proceso polo que resultou elixido foi "moi democrático" con mil delegados.


O primeiro secretario do PSC, Miquel Iceta, pediu ao futuro secretario xeral do PSOE que sexa "capaz de recuperar a cohesión interna do partido e de levantar o PSOE neste momento de enorme dificultade" para que a formación poida encabezar unha alternativa progresista a Rajoy.


Neste sentido, Iceta ofreceu ao gañador "o total e absoluto apoio do PSC", do que espera que sexa consciente da responsabilidade que carrexa o cargo, non só cos militantes do partido senón co conxunto dos cidadáns, en palabras de Iceta.

relacionada A participación nas primarias supera en 20 puntos a cifra do 2014
relacionada O PP está a dous puntos do 26J e o PSOE case recupera a súa marca das xerais
relacionada O embarazo do PSOE, o 'esquerdómetro' ou "non mintas cariño", entre os 'hits' das primarias
relacionada Case 10.400 socialistas galegos están chamados a votar nas primarias

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE