Rajoy solicita declarar por videoconferencia no caso Gürtel
Remitiu un escrito á Audiencia Nacional sinalando os días 26 e 27 do mes de xullo como os máis adecuados para este trámite.
O presidente do Goberno, Mariano Rajoy, remitiu un escrito ao tribunal que xulga a primeira época de actividades da trama Gürtel (199-2005) no que solicita que a súa declaración como testemuña neste procedemento se faga por videoconferencia. Sinala os días 26 e 27 do próximo mes de xullo como os máis adecuados para este trámite en función da súa axenda de actividades, confirmaron a Europa Press fontes coñecedoras da comunicación.
A petición para que o testemuño non sexa presencial senón mediante unha videoconferencia desde Moncloa, para que poida verse na Sala de xuízo, foi tamén solicitada o pasado día 10 polo Partido Popular, acusado neste xuízo como partícipe a título lucrativo.
Escribe o teu comentario