Os prezos soben un 0,9% en abril en Galicia
No conxunto estatal, incrementáronse un 1% en abril en relación con marzo.
O índice de prezos de consumo (IPC) subiu un 0,9% en abril en Galicia respecto ao mes anterior e elevou unha décima a súa taxa interanual, ata situala no 2,8%.
Con todo, no que vai de ano, os prezos na comunidade galega acumulan unha evolución negativa, do 0,2%, segundo os datos que publica este venres o Instituto Nacional de Estatística (INE).
No conxunto estatal, incrementáronse un 1% en abril en relación con marzo (unha décima máis que en Galicia) e elevaron tres décimas (dous máis que na comunidade galega) a súa taxa interanual, ata situala no 2,6% (dous por baixo).
Escribe o teu comentario