A deputada de En Marea Luca Chao pide a dedicación parcial para traballar nun 'foodtruck'

Dúas parlamentarias do PPdeG e una do PSOE tamén compaxinan as súas actividades profesionais coa acción política


|

Lucachao


A deputada de En Marea Luca Chao --licenciada en Ciencias Políticas e máster en Migracións Internacionais-- pediu a dedicación parcial no Parlamento de Galicia para poder compaxinar a súa actividade política co seu traballo na empresa que rexenta a súa parella, un posto de comida móbil, un 'foodtruck', co que percorren distintos eventos que se celebran pola Comunidade galega.


A parlamentaria autonómica trasladou esta petición á Comisión do Estatuto do Deputado, que deu o visto e prace á súa demanda, polo que desde este mesmo mes de maio Luca Chao xa non ten a dedicación exclusiva na Cámara, coa súa correspondente redución de salario.


En declaracións a Europa Press, esta integrante de Podemos Galicia explicou que, con esta decisión, quere "poder axudar os fins de semana" á súa parella, que é propietaria dun 'foodtruck' chamado 'Laconlover' xa que "no verán" ten "moito traballo".


A de En Marea non é a única representante da Cámara galega que compatibiliza a súa actividade política con outros labores, aínda que si do grupo rupturista.


OUTRAS DEDICACIÓNS PARCIAIS


Así, no caso dos populares galegos, a deputada Lupe Murillo --licenciada en Dereito-- compaxina o seu escano coa dirección xeral de Pescamar, mentres que Encarga Amigo faio coa súa consulta médica.


Nas bancadas socialistas, María Pierres manterá a dedicación parcial no Pazo do Hórreo ata concluír os proxectos iniciados no seu estudo de arquitectura antes do arranque deste mandato.


Finalmente, todos os deputados nacionalistas perciben a dedicación exclusiva, tendo en conta que desde o pasado mes de abril o deputado Luís Bará xa non simultanea a súa actividade parlamentaria coa que desempeñaba no Concello de Pontevedra.


A estes casos hai que sumar os conselleiros da Xunta que manteñen o seu escano no Pazo do Hórreo, que non perciben remuneración algunha da Cámara senón que o seu soldo sae das arcas autonómicas.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE