O Concello de Ourense presenta os seus orzamentos entre fortes críticas da oposición

O PSOE pide a dimisión do alcalde polos dous anos sen orzamento á espera de aprobar a RPT sen que fose necesario. 


|

Anamorenza


O Concello de Ourense presentou a todos os grupos da oposición o seu proxecto de orzamentos para o ano 2017, que contan cunha partida de 100,5 millóns de euros e nos que destaca o incremento dun 10% nas partidas destinadas á área social.


Os orzamentos non estaban previstos ata despois da aprobación da Relación de Postos de Traballo (RPT), aínda sen definir. A concelleira de Facenda, Ana Morenza, explicou que agora se adiantan despois de que o Consello Consultivo de Galicia confirmase que a RPT non é un requisito previo necesario.


A oposición en bloque criticou que "non se consultase antes" ao Consello Consultivo para evitar que a cidade estivese dous anos sen orzamentos. Para socialistas e Democracia Ourensá a postura do grupo de goberno "era unha escusa" para non aprobar os orzamentos. O portavoz socialista ha pedido a dimisión do alcalde, Jesús Vázquez (PP).


A concelleira de Facenda, Ana Morenza, presentou o borrador de orzamentos para 2017 e os cualificado como "realistas e enfocados á área social". Así, cominou aos portavoces da oposición para que "os analicen, estuden" e "realicen as achegas que crean oportunas".


Ata agora o grupo de goberno vinculara a presentación dos orzamentos á aprobación definitiva da Relación de Postos de Traballo (RPT), un proceso que aínda está sen terminar.


O BORRADOR PRESENTADO


O borrador de orzamento confirma unha partida total de 100,5 millóns de euros, aínda que a previsión de ingresos é de 105,6 millóns de euros. Con todo estes cinco millóns a maiores non poden ser utilizados debido ás restricións da Lei de Estabilidade Orzamentaria, que establece un teito de gasto.


Morenza resaltou o incremento de "case un 10% das partidas destinadas á área social, que alcanzan os 6.395.870 euros. Ademais das partidas propias deste departamento o Concello aposta pola "transversalidade" a través de fondos noutras concellerías como Medio Ambiente ou Urbanismo nos seus programas de maior contido social.


En materia de Infraestruturas Morenza tamén destaca o incremento dun 3,9% (1.254.000 euros) aos que suma "o Plan de Obras aprobado grazas ao apoio do PSOE" cun importe de máis de 12 millóns de euros.


En Cultura, a pesar dunha redución dun 14% (250.000 euros) o Concello resaltou que este descenso "quedará compensado" coas achegas externas de entidades públicas e privadas.


O PSOE PIDE A DIMISIÓN DE JESÚS VÁZQUEZ


O socialista Anxo Vázquez Barqueiro pediu a "dimisión" do alcalde Jesús Vázquez polo que considera "dous anos perdidos" na elaboración dos orzamentos.


O socialista explicou que "sempre" sostivo que non era necesario aprobar a RPT para presentar uns orzamentos, tal e como sostiña o grupo de goberno, senón que "é suficiente con ter unha RPT, que xa se tiña; e un coñecemento, máis ou menos, do gasto en persoal".


Barqueiro criticou que nos dous anos de goberno popular "o alcalde non fose capaz de consultar antes ao Consello Consultivo", aínda que apuntou que para Jesús Vázquez a RPT "era unha escusa fácil" xa que "non tiña a prioridade de aprobar os orzamentos".


Ademais, lamentou que non fose o edil o que "da cara" coa presentación dos orzamentos e pediu a súa dimisión, aínda que non quixo pronunciarse sobre a posibilidade de presentar unha moción de censura.


DO CUALIFICA A RPT COMO "UNHA ESCUSA"


Tamén Democracia Ourensá (DO) cualificou a vinculación dos orzamentos coa aprobación da RPT con "unha escusa", da que a formación "sempre discrepou".


A formación de Gonzalo Pérez Jácome criticou a ausencia de Jesús Vázquez na presentación destes orzamentos e que a concelleira Morenza "se prestase a ser a mediadora coa oposición", pois considera que "algo desta envergadura debería ter a involucración do alcalde".


OUEC: "DOUS ANOS PERDIDOS"


Pola súa banda, o portavoz de Ourense en Común(OUeC), Martiño Xosé Vázquez, tamén considerou que "o PP leva dous anos perdendo o tempo" ao vincular os orzamentos coa aprobación da RPT, e preguntouse "que estivo a facer (o PP) estes dous anos nos que non se pediu un informe ao Consello Consultivo".


Vázquez tamén criticou a forma na que a oposición recibiu o borrador "nunha reunión sen orde do día e sen a asistencia do alcalde" a pesar de que os orzamentos son "o documento máis importante" da actividade local.

relacionada Ourense retirará as placas franquistas das vivendas de protección oficial

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE