Les Luthiers recibe o Premio Princesa de Asturias de Comunicación e Humanidades

O grupo musical e humorístico optaba a este recoñecemento entre un total de 28 candidaturas de 12 nacionalidades


|

Lesluthiers


O grupo musical e humorístico Les Luthiers, foi galardoado co Premio Princesa de Asturias de Comunicación e Humanidades 2017. Este premio, é o segundo dos oito galardoes internacionais que convoca anualmente a Fundación Princesa de Asturias, e que este ano alcanzan a súa XXXVII edición.


O xurado está integrado por José Antonio Álvarez Gundín, Luis María Anson Oliart, Alberto Edgardo Barbieri, Juan Barja de Quiroga Losada, César Bona García, Adela Cortina Orts, Taciana Fisac Badell, Carlos Fitz-James Stuart Martínez de Irujo, duque de Alba, Víctor García de la Concha, Santiago González Suárez, Carmen Iglesias Cano, condesa de Gisbert, Emilio Lledó Íñigo, Emilio Morenatti Fernández, Benigno Pendás García, Fernando Rodríguez Lafuente, Diana Sorensen, José Antonio Vera Gil, Alberto Anaut González (secretario).


Un total de 28 candidaturas de 12 nacionalidades optaban a este recoñecemento. O Premio está dotado cunha escultura de Joan Miró --símbolo representativo do galardón--, a cantidade en metálico de 50.000 euros, un diploma e unha insignia.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE