A Xunta instala paneis fotovoltaicos para rebaixar os seus recibos da luz

Custará 1,5 millóns que os edificios administrativos de San Lázaro aposten polo autoconsumo eléctrico.


|

Panelfotovoltaico


Alberto Núñez Feijóo anunciou este xoves un investimento de 1,5 millóns de euros para instalar paneis fotovoltaicos nos edificios administrativos situados no barrio compostelán de San Lázaro.


Na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, o mandatario xustificou esta aposta polo autoconsumo enerxético na importancia de "reducir emisións" e tamén de recortar a factura eléctrica.


Así, instalaranse máis de 3.000 metros cadrados de paneis sobre pérgolas situadas nas zonas de aparcadoiro, tal e como detallou Feijóo.

relacionada Os veciños de 'A Ponte', en Ourense, terán o primeiro 'ecobarrio' galego

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE