Controlado un incendio nunha nave de froitas de Foz

Os traballadores conseguiron sacar da nave os vehículos de repartición de froita antes de que se visen afectados polas chamas. 


|

Os medios de extinción deron por controlado un incendio declarado á primeira hora da tarde deste mércores nunha nave industrial destinada á almacenaxe de froitas en Foz (Lugo). As instalacións afectadas sitúanse no lugar de Forxán, na parroquia de San Martiño de Mondoñedo.


Aínda que no momento no que se declarou o incendio había no interior da nave unha ducia de empregados, ningún deles resultou ferido, segundo informa o 112.


Ademais, os traballadores conseguiron sacar da nave os vehículos de repartición de froita antes de que se visen afectados polas chamas. Tampouco se viron danadas polo lume varias edificacións situadas nas proximidades da empresa.


O lume iniciouse na parte traseira do edificio, nunha zona onde se almacenaban caixas e palets. Un particular chamou ao 112 ás 15,40 horas para dar conta do incendio. Acto seguido, alertouse aos Bombeiros de Barreiros e aos de Viveiro. Tamén se informou ao GES de Cervo, a Protección Civil e á Policía Local.


INCENDIO NUN ALPENDRE


Por outra banda, en Verín (Ourense), un incendio calcinou por completo un alpendre. En concreto, os feitos tiveron lugar nunha propiedade da aldea de Cabreiroá.


Un particular contactou co 112 ás 16,50 horas para dar a voz de alarma. Desde a central de emerxencias informouse os Bombeiros de Verín, a Protección Civil e á Garda Civil.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE