As autonomías poderán baixar os prezos dos másteres ao nivel dos graos

Ata o momento as taxas custan entre o 40 e o 50 por cento máis aos alumnos que queren unha especialización.


|

Unversidadalumnosmasters


O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte permitirá que as comunidades autónomas diminúan os prezos dos másteres non habilitantes, igualando as pinzas na súa parte inferior aos habilitantes --avogado ou profesor de Secundaria-- e aos graos universitarios, de maneira que reverterá unha das medidas máis polémicas do decreto de abril de 2012 que permitiu a subida das taxas.


Así o anunciou o secretario de Estado de Educación, Formación profesional e Universidades, Marcial Marín, durante a súa intervención na Comisión de Educación do Congreso para dar conta das partidas do seu departamento nos Orzamentos Xerais do Estado. "Van baixar as taxas universitarias dos másteres permitindo minorar os prezos dos másteres non habilitantes para igualar a pinza pola parte inferior aos másteres habilitantes", explicou.


Ata este momento, os alumnos de másteres non habilitantes pagaban unhas taxas de entre o 40 e 50 por cento e, con esta medida, o Goberno pretende que as comunidades autónomas baixen a pinza destes prezos públicos, situándoa entre o 15 e o 50% para que se igualen aos másteres habilitantes e graos --15-25%--.

relacionada As Universidades galegas poderán 'saltarse' o mínimo de alumnos en titulacións 'singulares'
relacionada Universidades e Xunta poñen a primeira pedra para a reforma do mapa de titulacións

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE