O 'Super Once' deixa un petisco de 50.000 euros en Malpica
O boleto premiado conseguiu 10 acertos de 11 no sorteo deste mesmo xoves.
Promoción do 'Super Once'. //Foto: Xogos ONCE.
O 'Super Once' deixou un premio de 50.000 euros no municipio coruñés de Malpica de Bergantiños, no sorteo correspondente ao xoves 20 de abril.
A axente vendedora da ONCE Ana Ferreiro Figueiras foi quen vendeu o boleto premiado, de categoría 10 acertos de 11, desde o seu punto de venda situado en Malpica.
O 'Super Once' é un produto formado por unha matriz de 80 números, numerados do 1 ao 80, e consiste en elixir entre 5 e 11 números da matriz, sendo a súa orde indiferente. Previa celebración de un sorteo obterase unha combinación gañadora formada por 20 números dos 80. O sorteos de 'Super Once' celébranse todos os días.
Escribe o teu comentario