A Xunta propón aos municipios suprimir o IBI para promover o emprendemento

Feijóo avanza a súa intención de expor á Fegamp un convenio para "impulsar os investimentos" e "suprimir ou bonificar" impostos. 


|

Emprendedores


O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou a proposta á Comisión Galega de Cooperación Local que se reuniu este mesmo xoves dun convenio para "aliarse" cos concellos que o desexen e "impulsar e facilitar" a instalación de empresas. Entre as medidas que propón, sinalou a "supresión ou a bonificación" de tributos municipais.


Na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, Feijóo advertiu que o impulso do emprendemento non depende só "dos impostos estatais e autonómicos", senón que tamén os concellos teñen competencias urbanísticas, industriais e fiscais.


Nesta conxuntura, o xefe do Executivo avanzou a intención de expor á Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) un convenio para "impulsar de forma conxunta os investimentos, á vez que propoñerá "suprimir ou bonificar" impostos municipais como o Imposto sobre Bens Inmobles (IBI), así como outras taxas e prezos públicos.


Entre eles, estarían tamén o imposto sobre actividades económicas ou o que se aplica sobre construcións, instalacións e obras; así como licenzas de obra e apertura ou a verificación a posteriori da comunicación previa.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE