O Parlamento demanda un plan para eliminar puntos negros das estradas galegas
Ademais, aprobouse con abstencións unha iniciativa para estudar medidas de seguridade viaria na estrada LU-664.
O Parlamento aprobou este mércores por unanimidade pedir á Xunta que se dirixa ao Ministerio de Fomento para que elabore un plan de actuacións encamiñado a eliminar os puntos negros das estradas estatais na comunidade galega.
Foi en comisión parlamentaria a instancias do deputado do BNG Luís Bará, e a súa proposición non de lei concitou o respaldo dos demais grupos (PPdeG, En Marea e PSdeG).
Ademais, aprobouse, só con abstencións, unha iniciativa do PPdeG para requirir á Xunta que "estude" as medidas "oportunas" para mellorar a seguridade viaria da estrada LU-664 no tramo da rolda María Emilia Casas Baamonde de Monforte.
Escribe o teu comentario