Atopan morto na súa cela de Teixeiro ao asasino de Roberto Larralde

José Ramón Veiga fora recentemente condenado a 20 anos de prisión | Apúntase a unha morte por casusas naturales


|

Carcelprisionpresos


José Ramón Veiga, autor material do asasinato do ex boxeador Roberto Larralde, e recentemente condenado a 20 anos de prisión, foi atopado esta mañá morto na súa cela da prisión de Teixeiro (A Coruña) por causas que aínda se descoñecen, segundo confirmou o seu avogado, Fernando Rodríguez Santocildes.


Rodríguez Santocildes descoñece, ata o momento, as causas do falecemento, xa que aínda non dispón do "informe previo" da autopsia que poida dar algún "indicio", aínda que si asegurou que o seu estado de ánimo era "bo", unha sensación que o letrado transmitiu despois de falar con Veiga hai pouco con motivo do recurso que estaban a preparar.


Con todo, outros medios apuntan a un infarto de miocardio como causa da morte, aínda que estas informacións non foron confirmadas. O recluso foi atopado na súa cela esta mañá durante o reconto matinal de presos que levan a cabo os funcionarios do complexo penal. 


A familia de Veiga atópase moi "afectada" tras ser informada do falecemento a "primeira hora" da mañá a través dunha chamada do centro penal.


O corpo foi trasladado ao Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga), onde se lle realizará a autopsia, mentres que o caso foi enviado ao xulgado número dous de Betanzos (A Coruña).


20 ANOS DE CÁRCERE


Veiga, a quen se deberá practicar a autopsia para esclarecer o motivo do seu falecemento, cumpría condena no penal galego despois de que a Audiencia Provincial de León lle impuxese 20 anos o pasado marzo, ao consideralo autor material dun delito de asasinato con aleivosía e co agravante de recibir unha recompensa polo mesmo, e outro ano máis por tenencia ilícita de armas.


O xurado considerou probado que José Ramón Veiga foi o autor material do disparo que acabou coa vida do exboxeador por encargo do empresario Julio López a cambio de diñeiro. O empresario iniciara meses antes do asasinato unha relación sentimental con Miriam Caballero, esposa de Roberto Larralde, que tamén foi declarada culpable.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE