O BNG pide a renuncia dun edil de Vedra que participa en actos de En Marea

O partido solicita a Roberto Castro que devolva a acta e apela ao código ético ao que se ateñen todos os cargos electos da formación. 


|

RobertocastrorocamondevedraCorporación municipal de Vedra, con Roberto Castro Rocamonde á dereita da imaxe // Concello de Vedra


O BNG remitiu este martes, día 11 de abril, unha carta ao ata agora concelleiro en Vedra (A Coruña) Roberto Castro para solicitarlle a renuncia á acta de edil tras "constatar" que "non comparte" o proxecto político da formación nacionalista.


Segundo o xornal La Voz de Galicia, o concelleiro participou o pasado 15 de febreiro en Vedra nun acto político organizado por En Marea xunto a Antón Sánchez. A súa posición 'bipolar' é ao parecer pública, e o edil deféndea escudándose na súa fe na unidade popular. 


"En base a ese afastamento político" o Bloque pediu ao concelleiro que devolva a acta "para que corra a lista e poida ocupar a súa responsabilidade" unha persoa que si se identifica co proxecto político que a organización ten para Vedra e o conxunto de Galicia.


Ademais, nun comunicado remitido aos medios, o BNG apelou tamén ao código ético que asumen todos os cargos electos para esta formación no momento de integrar unha candidatura.


Segundo explicou a formación nacionalista, este documento "recolle expresamente que as persoas que exercen cargos públicos se comprometen a respectar, con independencia do que diten as cuestións legais, o criterio da organización de que as actas pertencen ao Bloque e non se conciben sen o apoio conxunto da militancia".

relacionada Antón Sánchez aposta por un clima de "colaboración" de En Marea co BNG

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE