Interceptan un condutor no Porriño cando se incorporaba á AP-9 en sentido contrario

O condutor, de setenta anos, estaba a incorporarse pola peaxe de Torneiros-O Porriño en dirección oposta á da circulación. 


|

Conductorguardiacivilpeaje


Axentes do destacamento de Tráfico da Garda Civil do Porriño (Pontevedra) interceptaron na mañá deste mércores un condutor de 70 anos, que responde as iniciais T.S.G., no momento en que accedía á autoestrada AP-9 polo sentido contrario ao da circulación.


Tal e como informou o Instituto Armado, os feitos ocorreron sobre as 10,40 horas deste mércores, cando unha dotación que patrullaba pola autoestrada observou que un home de avanzada idade estaba a incorporarse pola peaxe de Torneiros-O Porriño en dirección contraria.


Ante a situación de risco, os axentes interceptaron ao condutor despois de cruzarse con dous vehículos. O home, que se atopaba "totalmente desorientado", foi trasladado a dependencias da Garda Civil de Pontevedra, onde o recolleu a súa familia.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE