Cancela interpreta que está "en funcións" pero pedirá a Ferraz que o aclare
Mario Jiménez deu conta de que a dirección provisional galega "cumpriu o seu mandato" e que, por tanto, débese "articular unha resposta".
A presidenta da xestora do PSdeG, Pilar Cancela, pedirá a Ferraz que lle aclare cal é o seu papel, tendo en conta que o pasado día 9 de marzo concluíu o mandato do órgano que encabeza e que desde esa data a dirección federal interina estivo a barallar a posibilidade de modificar a súa composición.
"Enténdese que segue en funcións", manifestou a deputada compostelá á Cadea SER, posto que non recibiu ningunha notificación nin para prorrogar o mandato da xestora galega nin para retirarlle competencias.
É, ao seu entender, "unha situación un pouco inusual e absolutamente excepcional", polo que remitirá "a correspondente consulta" para que Ferraz concrete que pode e non pode facer para os procesos congresuais que se abren na formación socialista.
O pasado sábado, o responsable de Organización e portavoz da xestora federal, Mario Jiménez, deu conta de que a dirección provisional galega "cumpriu o seu mandato" e que, por tanto se debe "articular unha resposta". "Estamos a falar e o que se faga será froito do diálogo con todo o mundo en Galicia e xunto coa dirección do partido", resolveu entón.
Escribe o teu comentario