A evasión fiscal, "un buraco negro que os políticos seguen sen querer taponar"

UGT pide extremar a vixilancia tributaria ás grandes fortunas co mesmo rigor que se acomenten os recortes.


|

Billetes 1


UGT pediu que se extreme a vixilancia tributaria sobre as grandes corporacións e fortunas e que se aceleren os procesos do paquete de loita contra a evasión fiscal que puxo en marcha o ano pasado a Comisión Europea, xa que considera que "camiña con lentitude e ten carencias moi relevantes".


Con motivo do Día contra os Paraísos Fiscais, que se celebra mañá, UGT insistiu en que se deberían facer públicos os informes do que pagan as multinacionais de cada país onde operan.


Ademais, tamén considera que se terían que harmonizar os impostos de sociedades de todos os Estados Membros, que se deberían reducir os límites de dedución de pago de intereses dos seus ingresos impoñibles e que habería que establecer límites para acabar cos "tratamentos fiscais especiais".


UGT cre que hai que sensibilizar a sociedade para que tome conciencia das empresas que realizan elusión e evasión fiscal, práctica que, segundo a organización sindical, "seguen realizado de forma habitual e que supón unha diminución dos ingresos tributarios de 250.000 millóns de euros".


Para o sindicato, esta actividade é "un buraco negro que os políticos seguen sen querer taponar". Para tentar erradicala, UGT considera que é necesario dotar as autoridades tributarias de máis recursos humanos, financeiros, técnicos e de formación, para que "poidan loitar de maneira efectiva".


UGT puxo de relevo que os grandes afectados destas prácticas son os traballadores, que seguen sufrindo "os rigores das políticas de recorte", tanto en forma de subida de impostos menos progresivos (coma o IVE) como en forma de recortes de servizos.


Segundo cifras do Parlamento Europeo, recollidas polo sindicato, a Unión Europea perde anualmente uns 70 billóns de euros en ingresos fiscais por este tipo de prácticas, o que supón máis do 16% do investimento público da UE. Para UGT, se esta cifra se sumase á de elusión fiscal, poderíanse financiar políticas sociais "moi necesarias".

relacionada Bruxelas estuda as acusacións de elusión fiscal de Inditex

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE