Cazan no centro de Lugo un condutor que acumulaba todas as ilegalidades posibles

Non ten carné, triplicaba a taxa de alcoholemia e levaba dous nenos de pouca idade nun coche sen papeis nin seguro.


|

Alcocholemia


A Policía Local de Lugo interceptou un condutor que triplicou a taxa de alcoholemia e co carné retirado por sentenza xudicial cando ía cunha muller e dous nenos de pouca idade nun vehículo sen permiso de circulación nin seguro obrigatorio.


Segundo informou a Policía Local de Lugo, sobre as 22,50 horas do martes recibiuse unha chamada na Sala do 092 e na Sala do 091 na que se informaba de que o vehículo Peugeot 207 circulaba pola Avenida da Coruña "guiado por unha persoa que carecía do correspondente permiso de condución".


Así, momentos máis tarde, unha patrulla do Corpo Nacional de Policía interceptou o vehículo á altura do número 89 da Avenida da Coruña, ao volante do cal estaba J.F.C.V., veciño de Lugo de 33 anos, que era acompañado por unha muller e dous nenos de pouca idade.


Na conversa mantida co condutor, os axentes detectaron que podía conducir baixo a influencia de bebidas alcohólicas e, ao comprobar os datos do seu carné, confirmouse que carece de permiso de conducir ao serlle intervido en dúas ocasións por sentenza xudicial, sen realizar o correspondente curso de reeducación viaria ao que estaba obrigado se quería recuperalo.


A unidade de Atestados da Policía Local procedeu a realizarlle as correspondentes probas de detección alcohólica ao condutor, nas que deu resultado positivo ao triplicar a taxa de alcol máxima permitida.


As mesmas fontes policiais indicaron que, así mesmo, comprobouse que o vehículo utilizado estaba dado de baixa temporal, polo que carece do correspondente permiso de circulación e de seguro obrigatorio.


Ao individuo instrúenselle dilixencias, en calidade de investigado, polos supostos delitos contra a seguridade viaria por conducir un vehículo a motor baixo a influencia de bebidas alcohólicas cunha taxa superior a 0,60 mg/l e guiar un vehículo a motor "sendo privado definitivamente da autorización administrativa para conducir por resolución xudicial".


Tamén se lle denuncia por circular cun vehículo dado de baixa temporal. Deste xeito, como medida cautelar o turismo foi trasladado ao Depósito Municipal co guindastre, ao carecer do permiso de circulación en regra e do seguro obrigatorio.

relacionada 8 meses de retirada de carné para o camioneiro que sementou o pánico na A-52
relacionada Persecución polas rúas de Narón para atrapar un condutor bebido e sen carné
relacionada Interceptan en Vigo a un condutor co carné retirado que se fixo pasar polo seu irmán

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE