Manuel Martínez dille a Pedro Sánchez que "marche para a casa" tras "perder 4 eleccións"

Contraditoriamente, o vicepresidente da Deputación de Lugo, en suspensión cautelar de militancia, aposta por "escoitar a todos os candidatos" para actuar "en consecuencia".


|

Manuelmartinez


"Creo que unha persoa que perde catro eleccións, dúas directas (xerais) e dúas indirectas (vascas e galegas) ten que marchar para a súa casa", afirmou o vicepresidente da Deputación de Lugo, Manuel Martínez, que pediu a Pedro Sánchez que non volva presentarse á Secretaría Xeral do PSOE.


Momentos antes do pleno ordinario da Deputación de Lugo, Martínez lembrou que el está "en suspensión cautelar de militancia". "Non podo votar", afirmou sobre o proceso das primarias socialistas.


Sobre o proceso de primarias, manifestou que quen opte a liderar o PSOE "ten que ser unha persoa que coñeza o partido, que teña cultura do partido, que respecte os valores do partido, e non unha persoa que perdeu catro eleccións e que rachou o partido en dous".


"Eu aposto claramente polo que é o partido desde que o coñezo que é fai corenta anos. Síntoo moito por Pedro (Sánchez), pero debía de non presentarse porque a situación actual de agonía e desencontro e de enfrontamento foi propiciada pola súa actitude", considerou.


Interpelado sobre se lle atraía máis o proxecto que representa Susana Díaz, Martínez insistiu en que el apoia "a cultura de partido". "Patxi López tamén me vale e apoiaríao", afirmou.


"Eu a quen non apoio é a Pedro Sánchez, porque creo que é responsable da situación actual do partido e porque creo que unha persoa cando perde catro eleccións, dúas directas e dúas indirectas, ten que marchar para a súa casa. Se se limitan os mandatos dos que gañan haberá que limitar os mandatos dos que perden", sentenciou.


"ESCOITAR A TODOS"


Previamente, o presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, respecto da candidatura de Susana Díaz, dixo que a ve "ben". "Véxoa como as demais", abundou.


"Eu dixen que escoitaría a todos e actuariamos en consecuencia ante o mellor proxecto e iso é o que vou facer e creo que todos os compañeiros deberían de facer o mesmo, que é escoitar a todos os candidatos. Creo todos son válidos. Unha vez escoitados elixir o mellor proxecto", concluíu, malia argumentar máis tarde que o de Sánchez non lle vale. 

relacionada Barreiro: "Os socialistas entenden a Deputación como unha moeda de cambio"
relacionada Manuel Martínez regresa ao grupo socialista e asume a vicepresidencia da Deputación

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE