O Parlamento estudará utilizar o termo "feminicidio" para falar de violencia machista

A comisión non permanente para a igualdade e os dereitos das mulleres reunirase para tentar pechar un pacto contra a violencia machista


|

Paulaprado


A comisión non permanente para a igualdade e os dereitos das mulleres do Parlamento de Galicia volverá reunirse proximamente para tentar pechar un pacto galego contra a violencia machista e, ademais, decidir se corresponde utilizar o termo "feminicidio".


De todo iso deu conta en rolda de prensa a presidenta deste órgano, a deputada do PPdeG Paula Prado, quen avanzou que aos máis de 50 relatores que acudiron ao Pazo do Hórreo a pasada lexislatura uniranse outros expertos para analizar a conveniencia dese termo.


"Hai moitas posturas respecto diso", sinalou Prado, non sen obviar que tamén existe "debate" entre os propios grupos da oposición. Ata agora, o PPdeG sempre se negou á súa introdución na norma.


Prado tamén incidiu na súa vontade de que o pacto se aprobe "por unanimidade". "Para que toda a sociedade galega senta identificada", profundou, co obxectivo de poñer fin a esta "secuela social".

relacionada Unanimidade no Senado para reforzar a protección das vítimas do machismo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE