Joselu desquítase con Garitano: "Véndeche as cousas dunha maneira e ves que non é verdade"

Satisfeito por recuperar minutos, repasa o seu papel no equipo co anterior técnico: "Nunca tiven unha conversación con el".


|

Joseluentreno


O dianteiro deportivista Joselu Mato 'raja' de Garitano trala saída do técnico vasco e os minutos que está a gozar con Pepe Mel. O xogador despachouse en sala de prensa contra o anterior técnico, ao que acusa de non ir de fronte.


Comezou mostrando a súa decepción pola falta de continuidade. "Son dos que menos minutos tiven e é algo importante para un xogador. Cando un xogador vén cumprir uns obxectivos e non os cumpre, está claro que non está contento", dixo.


E reprochou a Garitano falta de sinceridade, durante a lesión que o apartou a principio de tempada e tralo seu regreso. "O adestrador véndeche as cousas dunha maneira e cando pasan as xornadas ves que non é verdade. Nunca tiven unha conversación con el", lamentou. Para insistir en que "adestraba ben todas as semanas e non tiña a oportunidade".


Así, relatou que "cando estou no período de lesión, si se achegaba a falar comigo dunha maneira diferente a cando si podía xogar". Pero, Joselu afirmou que "xa recuperado, pasan tres ou catro meses, a cousa non cambia e a relación é completamente diferente e ao final claro que estás decepcionado porque vés aquí buscar minutos e axudar ao Deportivo".


O dianteiro quixo deixar claro que agora se sente "mellor" ao participar "dúas veces seguidas no once inicial". En canto ao derbi galego, recoñeceu que foi un partido "estraño" para el polo seu pasado: "agora mesmo estou a defender ao Deportivo pero tampouco cambiaría o meu pasado. Tiven unha infancia moi bonita co Celta. Foi un partido bastante estraño para min porque coincidín con moitos dos seus xogadores".

relacionada Garitano despídese do Dépor: "Sacariamos adiante a situación"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE