Os deputados de En Marea achegan, de media, 1.400 euros mensuais ao partido

Esta cifra fai que, un deputado medio de En Marea, que recibe uns 4.800 euros do Parlamento, teña un soldo final de 2.200 euros.


|

Villaresdaviderodriguezenmarea


Os deputados autonómicos de En Marea achegan unha media de 1.400 euros ao mes ao partido instrumental en cumprimento da carta financeira, segundo confirmaron a Europa Press fontes da formación.


Esta cifra fai que, un deputado medio de En Marea, que recibe uns 4.800 euros do Parlamento de Galicia, teña un soldo final de 2.200 euros, tendo en conta que se lle restan 1.200 de IRPF, precisaron as mesmas fontes.


Conforme explicaron estas fontes, case ningún membro do Grupo Parlamentario de En Marea achega menos desta cantidade, aínda que si hai casos nos que se supera esta cifra, como o da parlamentaria Eva Solla que, ao ser membro da Mesa da Cámara, ten un salario maior que fai que teña que achegar máis ao partido instrumental.


En concreto, destes 1.400 euros, os deputados achegan "600 de forma directa", mentres que os outros 800 fano en forma de pago de gastos, xa que esta é a cantidade que En Marea calculou que necesita cada parlamentario ao mes para facer fronte aos custos de representación (como quilometraxe).


Precisamente, este mesmo martes, o portavoz parlamentario de en Marea, Luís Villares, asegurou que todos os membros do grupo "xa consignan" parte do seu salario a unha conta da organización.


CONTIDO CARTA FINANCEIRA


Concretamente, a carta financeira, a cuxo contido tivo acceso Europa Press, estipula unha serie de porcentaxes en función dos salarios dos cargos públicos (o cal serve de aplicación para calquera outro representante á marxe de deputados), en relación ao salario mínimo, que este ano está fixado en 707,60 euros.


Así, o abanico vai desde un 5% (para os que cobren máis de tres salarios mínimos interprofesionais, pero menos de catro SMI), ata un 30% para aqueles que superen un soldo de nove salarios mínimos.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE