Identifican os donos de cans de raza perigosa que andaban soltos en Santiago
En concreto identificáronse dous propietarios de cans que andaban soltos en Bonaval e Cervantes.
A Policía Local de Santiago identificou nas últimas horas aos propietarios de senllos cans de raza perigosa tras ser localizados soltos e sen boceira en dúas zonas da capital galega.
Segundo informou a Policía Local, no parque de Bonaval foi identificado o propietario dun can de raza perigosa que estaba solto e sen boceira.
Pola súa banda, na Praza de Cervantes foi identificada a propietaria dun can de raza perigosa que estaba solto e tamén sen boceira.
Escribe o teu comentario