Prorrogado outro mes máis o segredo de sumario sobre a desaparición de Diana Quer

Despois das dilixencias e probas practicadas ata a data, entre elas a localización do seu móbil, todas as hipóteses seguen abertas.


|

Dianaquer3


O titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ribeira (A Coruña), Félix Isaac Alonso Peláez, prorrogou por un mes máis o segredo das actuacións na causa sobre a desaparición da moza madrileña Diana Quer na Pobra do Caramiñal.


Alonso Peláez, que anteriormente estaba en Xirona (Blanes), tomou posesión da praza no mes de novembro, tras o traslado a Betanzos da primeira xuíza que se encargou da instrución desta causa ata mediados de outubro.


A madrileña Diana Quer desapareceu na madrugada do 22 de agosto de 2016 tras asistir ás festas da localidade coruñesa da Pobra do Caramiñal, onde veraneaba coa súa nai e irmá menor.


Despois das dilixencias e probas practicadas ata a data, entre elas a localización do seu teléfono móbil, polo momento todas as hipóteses seguen abertas.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE