Un 85% de galegos apoian deixar o coche na casa en episodios de alta contaminación
Andaluces e vascos son os máis favorables ás restricións para reducir as emisións dos vehículos e os madrileños, os máis reticentes.
O 85 por cento dos galegos móstrase a favor de deixar o coche na casa polas alertas de contaminación, segundo un estudo realizado por Direct Seguros.
Ademais, a un 26 por cento dos galegos parécelles unha medida desproporcionada as restricións de tráfico e un 16 por cento opina que se deberían de tomar outras medidas que non afecten o usuario.
En España, andaluces e vascos, segundo o estudo, son os máis favorables ás restricións para reducir as emisións dos vehículos e os madrileños, os máis reticentes.
En concreto, o 94 por cento dos andaluces e o 93% dos vascos que participaron no estudo móstranse dispostos a deixar os seus vehículos en casa para reducir as emisións fronte ao 65% dos madrileños.
De feito, os habitantes da rexión de Madrid son os únicos (cun 2% das respostas) que aseguran que non deixarían o seu coche en casa "baixo ningún concepto". Cataluña (85%) e Galicia (85%) tamén apoian maioritariamente non usar o coche privado nos episodios de alta contaminación.
Escribe o teu comentario