Rescatan un corpo dun pozo en Cambados
Os bombeiros do Salnés acudiron de madrugada á vivenda da parroquia de Castrelo a petición da Garda Civil.
Os Bombeiros do Salnés rescataron na madrugada deste luns un corpo sen vida do interior dun pozo nunha vivenda no municipio de Cambados (Pontevedra).
Segundo informou o 112 Galicia, a dotación dos bombeiros mobilizado informou do sucedido ao servizo de emerxencias ás 1,15 horas deste luns.
Os bombeiros indicaron que que saían ata o punto a petición da Garda Civil. Os feitos tiveron lugar na parroquia de Castrelo, no lugar de Xesteira, onde recuperaron o corpo dun pozo.
Escribe o teu comentario