O audiovisual galego reivindica máis protagonismo feminino

O presidente da Academia Galega do Audiovisual, Carlos Ares, aproveitou a gala dos Mestre Mateo para reclamar "xustiza".


|

Carlosaresmestremateo


O presidente da Academia Galega do Audiovisual (AGA), Carlos Ares, fixo un chamamento este sábado para aumentar o número de papeis de mulleres protagonistas nesta industria. "É de xustiza", manifestou.


Durante a súa intervención, no ecuador da gala dos XV Premios Mestre Mateo, lembrou o recente estudo que se coñeceu no que se situaba a preto do 60 por cento dos actores e actrices que "non poden vivir da súa profesión" e fixo fincapé na repercusión maior no colectivo feminino.


"É necesario tratar de mellorar esta situación, é necesario traballar para evitar a precariedade. E isto non é algo que debamos descargar só nas administracións. É unha situación que debemos tratar de reverter entre todos e todas: administración, profesionais e empresas", abundou, antes de mostrar a disposición ao "diálogo" da academia e de reclamar que se desenvolva un estatuto do traballador da arte e da cultura.


De novo sobre a situación de discriminación das mulleres no sector audiovisual, salientou que non queren ter que celebrar "que haxa o mesmo número de mulleres directoras que homes". "Queremos que non sexa excepcional ter historias con mulleres protagonistas, que non sexa algo que resaltar", abundou.


Carlos Ares remarcou que a Academia "ten un firme compromiso coa igualdade, como non pode ser doutra maneira".


ESTATUTO DO TRABALLADOR DA ARTE


Na súa intervención, o presidente da AGA aproveitou para reclamar que se desenvolve o estatuto do traballador e traballadora da arte e da cultura, respecto do que subliñou a boa disposición de todos os grupos políticos.


"Un estatuto que poñería a profesionais de todos os campos da cultura á altura dos países da nosa contorna", destacou o presidente da Academia.


Carlos Ares remarcou que non están a pedir "privilexios, nin moito menos". "Só pedimos ter dereito ás mesmas prestacións por baixa laboral, enfermidade, maternidade, paternidade, desemprego ou xubilación que o resto dos traballadores do país", sentenciou.

relacionada María y los demás, a gran triunfadora dos Mestre Mateo
relacionada Colectivos feministas unen forzas este domingo en defensa do empoderamento da muller

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE