Piden 13 anos de cárcere para un acusado de exhibicionismo e tocamentos a menores

Os feitos sucederon en xullo de 2015 e xullo de 2016, en visitas do acusado ao domicilio familiar dos menores, en Padrón


|

Pornografiainfantilpedofilosabusossexuales


A Fiscalía pide 13 anos de cárcere para un home acusado de espirse en presenza de dous menores, en cuxo domicilio se atopaba, e facerlles tocamentos.


Por iso será xulgado este xoves, 9 de marzo, na Sección Sexta da Audiencia Provincial da Coruña con sede en Santiago a partir das 9,30 horas por delitos de exhibicionismo e abusos sexuais.


Segundo o escrito do Ministerio Fiscal, recollido por Europa Press, o acusado, maior de idade e sen antecedentes penais, entre as 19,00 e as 24,00 horas do 16 de xullo de 2015, quen se atopaba de visita no domicilio familiar dos menores, en Padrón, "con ánimo libidinoso e intención de menoscabar a intimidade sexual" cando se atopaba a soas co fillo menor na súa habitación "espiuse completamente en presenza do mesmo".


Acto seguido, segundo relata o fiscal, o acusado acompañou ao menor ao cuarto de baño e, tras pechar a porta con chave, "quitouse outra vez a roupa, pediulle ao menor que tamén se espise e que lle tocase os seus xenitais e tocoulle ao menor diversas partes do seu corpo".


O 21 de xullo de 2016, entre as 18,30 e as 20,30 horas, o acusado, que fora de novo ao domicilio "con idéntico ánimo e no interior do cuarto de baño, espiuse en presenza da outra filla menor e pediulle que se quitase a roupa e tocou á menor pola zona do peito".


Por iso, a Fiscalía considera que os feitos son constitutivos dun delito de exhibicionismo polo que pide a pena dun ano de prisión e de dúas de abuso sexual polos que solicita seis anos por scada un.

relacionada A Garda Civil busca o autor dunha agresión sexual a unha anciá en Mos
relacionada En liberdade o investigado por agredir sexualmente a unha menor no entroido de Salceda
relacionada 22 detidos, un deles en Vigo, por difundir pornografía infantil a través de Twitter

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE