O prezo do aluguer baixa un 0,8% en Galicia neste mes de xaneiro
Alcanza un valor de 5,48 euros por metro cadrado ao mes, un 27,9% por baixo da media de España.
O prezo medio da vivenda en aluguer en Galicia descendeu un 0,8% en xaneiro e alcanza un valor de 5,48 euros por metro cadrado ao mes, segundo datos do portal inmobiliario fotocasa. Este valor sitúase un 27,9% por baixo da media de España, que en xaneiro é de 7,61 euros por metro cadrado ao mes.
En canto ao ránking de comunidades autónomas co prezo medio da vivenda en aluguer máis baixo en xaneiro, Galicia ocupa a quinta posición, é dicir, o aluguer soamente é máis económico en Estremadura, Castela A Mancha, A Rioxa e Murcia.
Galicia rexistrou o seu máximo histórico no prezo da vivenda de aluguer en xullo de 2008, data na que alcanzou un valor de 7,39 euros por metro cadrado ao mes. Desde entón acumulou un descenso dun 25,8%.
Segundo os datos analizados por fotocasa, só unha provincia galega experimenta un incremento no prezo do aluguer durante o mes de xaneiro. Trátase de Lugo cun 0,3%. En Ourense descende o prezo un 0,7%, mentres que na Coruña e en Pontevedra faino un 0,8%.
Escribe o teu comentario