A falta de policías nacionais en Marín deixa soa á local nalgunhas quendas

|

Policianacionalcoche


O sindicato CCOO sumouse á denuncia dos sindicatos do Corpo da Policía Nacional (CPN) en todo o Estado, alertando de que carecen de medios humanos suficientes para poder desenvolver as súas competencias de seguridade cidadá de forma correcta.


En concreto, segundo o sindicato, a falta de axentes nacionais na Comisaría de Marín, está obrigando á Policía Local a "asumir directamente servizos" adicionais en "condicións precarias".


"O reducido persoal de ambos os corpos víñase salvando de forma precaria cunha estreita colaboración recíproca que cubría situacións complicadas, especialmente na quenda de noite", explicou o sindicato, que fixo fincapé en que, na actualidade só a Policía Local "pode garantir os servizos mínimos dunha patrulla as 24 horas".


Isto prodúcese, ademais, "coa realización de horas extras por parte do persoal nos seus días de descanso" e, de non existir CNP ou non estar operativo, "os axentes locais carecen de calquera tipo de apoio ou auxilio".

relacionada A Policía deixa chamadas sen atender na Coruña por carencia de persoal
relacionada A Policía convoca 40 prazas para Galicia, cando faltan 646 axentes
relacionada Policías denuncian que "hai días" en que dispoñen de só "un coche patrulla" en todo Lugo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress