Chega aos teatros 'A Cabeza do dragón', a primeira obra de Valle-Inclán en galego

A Deputación da Coruña colabora con esta compañía e con Voadora a través dun programa de "residencias artísticas" no Teatro Colón. 


|

Gorettisanmartinkikocadavalobradeteatrovalleinclanvoadora

A compañía Producións Excéntricas levará aos teatros, a partir do próximo mes de marzo, a primeira tradución ao galego dunha obra de Ramón María del Valle-Inclán baixo a dirección de Quico Cadaval.


'A cabeza do dragón' estrearase o día 3 de marzo en Santiaglogo de meses de ensaio no Teatro Colón grazas á colaboración da Deputación da Coruña, que impulsa un programa de "residencias artísticas" que ten por obxectivo dotar ás compañías teatrais de espazos para traballar "con todas as dispoñibilidades técnicas".


Neste programa, que tamén inclúe a promoción do ente provincial en xiras das obras por municipios pequenos, tamén participa a compañía Voadora, que acaba de estrear 'Soño dunha noite de verán', que revisita o clásico de Shakespeare desde unha perspectiva "social e de xénero" a través dun texto do chileno Marco Layera.


Este xoves tivo lugar en Santiago a presentación das funcións que levará a ambas as obras por varios puntos da provincia. O acto contou coa presenza da vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, o director artístico de Voadora, Hugo Torres, e o director de 'A cabeza do dragón', Quico Cadaval.


"FIN DA ANOMALÍA"


O director teatral Quico Cadaval destacou que coa estrea de 'A cabeza do dragón' prodúcese "o fin da anomalía" de que a obra de Valle-Inclán non estivese traducida ao galego. E é que este ano 2017 expiraron os dereitos de autor da obra do escritor nado na Pobra, cuxos herdeiros se negaban a que fose traducida.


"Era unha decisión privada, pero agora non teñen nada que dicir", apostilou Cadaval, para o que 'A cabeza do dragón' se move "a medio camiño entre o modernismo e o esperpento" a través de "lendas e contos populares" "co amor como desculpa".


Unha obra que toca temas como "a ridiculización da monarquía", o "machismo" ou o "patriarcado" e que se representará en varios puntos de Galicia a partir do 3 de marzo con "25 funcións" que, en opinión de Cadaval, "hoxe en día é un éxito" pero, "fai dez anos", sería considerado "un fracaso".


REVISITANDO SHAKESPEARE


Pola súa banda, Hugo Torres resaltou que o 'Soño dunha noite de verán' de Voadora, estreada o pasado día 11 e con dirección de Marta Pazos, revisita o clásico de Shakespeare coa "liberdade" de "elección" e "do individuo" como pano do fondo.


"Existen universos escondidos tapados polas nosas condicións sociais. Hai xente que non se recoñece dentro dos canons normais", indicou Torres. Esta realidade abórdase nunha obra baseada nunha versión do escritor chileno Marco Layera, quen "resucita" de forma "moi interesante" a Shakespeare grazas ao "desapego polos clásicos" que existe no teatro suramericano, algo "non tan presente" en Europa.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE