Feijóo e Eva Cárdenas xa son pais

O seu fillo Alberto naceu nunha clínica privada da Coruña e tanto a nai como o bebé atópanse en bo estado de saúde. 


|

Feijooevacardenas


Alberto, o fillo do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e a súa parella Eva Cárdenas, a directora de Zara Home, naceu este mércores día 15 de febreiro nunha clínica privada da cidade de A Coruña.

O propio Feijóo anunciou a través dun tuit na súa conta desta rede social o nacemento. "Moi felices pola chegada de Alberto, o neno e a nai están ben. Eu orgulloso dela", manifestou nesa mensaxe, no que tamén quixo agradecer o "interese", o "afecto" e "o respecto".


PRIMEIRO FILLO


O neno, de nome Alberto, é o primeiro vástago do presidente da Xunta, que estrea paternidade aos 55 anos, e o segundo da súa parella, de 51 anos e que xa ten unha filla.


Unha das últimas ocasións na que se viu á parella publicamente foi na toma de posesión de Feijóo como presidente da Xunta, o pasado 12 de novembro de 2016, nun acto no que tamén a nai do xefe do Executivo galego se mostrou orgullosa de que, ao fin, ía ter un neto do seu fillo Alberto.


Sira Feijóo, de quen é afamada a súa declaración de que Galicia "non lle daba netos", celebrou, entón, que por fin sería avoa, e asegurou, como recolleu Europa Press naquela ocasión, que "desde o primeiro día" que soubo que estaban a esperar un bebé tiña claro que nomee poñeríalle ela: "Eu voulle a chamar Alberto sempre (...). "Creo que me van a facer caso", augurou Sira Feijóo, quen non errou no seu prognóstico.


O por terceira vez consecutiva presidente do Goberno galego era definido nalgúns medios como un dos 'solteiros de ouro' do PP, pero, aínda que o gardaba para a súa intimidade, Feijóo si quería ser pai, desexo que agora se converteu en realidade.


A noticia coñeceuse en plena campaña para as autonómicas, na que Feijóo revalidou por terceira vez a súa maioría absoluta. Pouco antes daquelas datas, falecera o seu pai Saturnino, un feito que lle afectou fondamente, pero na carreira cara ás urnas tamén desvelou que 2016 tamén era o ano das "mellores" noticias, algo que non concretou e que se interpretou naquel momento como unha posible vitoria electoral.


ESTARÁ AUSENTE E DELEGARÁ FUNCIÓNS EN RUEDA


O mandatario autonómico estará os próximos días ausente e irase incorporando progresivamente ao seu labor á fronte do Goberno galego, tal e como confirmaron a Europa Press fontes institucionais.


Este xoves sairá publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG) a delegación de competencias no seu vicepresidente, Alfonso Rueda, quen presidirá ese mesmo día o Consello.


A nai acollerase ao seu permiso de maternidade e Feijóo, que xa dixera nunha entrevista en 'Faro de Vigo', que non tiña previsto usar o permiso de paternidade --desde este ano, o dobre de semanas-- debido ás súas obrigacións como presidente da Xunta, si estará ausente nos próximos días con ocasión do nacemento de Alberto Núñez Cárdenas e acudirá a actos públicos de forma puntual para poder compatibilizar a súa vida institucional e privada.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE