Detido un home en Lugo por ameazar e perseguir a súa parella cun coitelo
A Policía Local da cidade acudiu á vivenda de madrugada. O Xulgado de Violencia de Xénero farase cargo da causa.
Axentes da Policía Local de Lugo, adscritos á Unidade de Policía de Barrio, detiveron un home por un suposto delito de violencia de xénero tras ameazar e perseguir á súa parella cun coitelo.
Segundo informou a Policía Local, sobre as 5,35 horas do domingo día 12 foi detido A.E.C.C., de 42 anos e nado en Colombia, por un suposto delito de violencia de xénero contra a súa esposa na súa vivenda da rúa Rof Codina.
A Policía Local sinalou que o home a perseguiu pola casa cun coitelo na man, todo iso despois de que o home se tirase na cama encima dela tras chegar ao seu domicilio "en aparente estado de embriaguez", segundo o relato policial.
O detido e a súa parella foron conducidos a dependencias policiais, onde se instrúen as dilixencias, remitidas ao Xulgado de Violencia de Xénero de Lugo.
Escribe o teu comentario