A Fiscalía recibe o caso dunha mariscadora con cancro á que negaron a baixa
O Defensor do Paciente agarda que "por xustiza este caso se solvente" e considera que a administración quitou "a autoridade ao médico".
O Defensor do Paciente trasladou á Fiscalía Superior de Galicia o caso dunha mariscadora de 59 anos á que denegaron a baixa 15 meses despois de que se lle extirpase unha mama na que lle diagnosticaban cancro.
Segundo o escrito do ministerio público, unha vez comprobado que o caso se refire a unha mariscadora da ría de Pontevedra á que se lle denegou a baixa a pesar de que a súa oncóloga asegura que "non pode coller pesos" e á que a inspección lle di "que busque outro traballo", acorda poñer o asunto en coñecemento da Fiscalía Provincial de Pontevedra.
Respecto diso, o Defensor do Paciente mostrou o seu desexo de que "por xustiza este caso se solvente" ao considerar que "a administración" non debe "quitar a autoridade ao médico" para outorgala ás "mutuas".
E é que para a asociación que defende aos usuarios da sanidade pública, as mutuas "están a facer un dano inmenso aos pacientes" coa "escusa" de que "houbo un abuso".
Escribe o teu comentario