O temporal deixa un regueiro de incidencias por toda a comunidade

Ademais de caídas de árbores ou inundacións en garaxes, nun colexio de Sober suspendéronse as clases ata o luns polo levantamento da cuberta do centro.


|

Temporalmar 1


O temporal de vento, acompañado de choiva e forte ondada na costa, causou caída de árbores e ramas, ademais doutros aveños como carteis e pancartas, ademais de desprendementos de pedras e tiera. A iso súmanse inundacións en garaxes, rúas e vivendas de varios puntos de Galicia. Así o indicou o 112 Galicia, que xestionou 266 incidencias relacionadas co temporal que afecta á Comunidade galega.


Deste xeito, os municipios con máis incidencias foron na provincia da Coruña: Boiro, Teo, Santiago e Ribeira. Mentres, na provincia pontevedresa as localidades máis afectadas correspóndense con Pontevedra, Vigo, Cangas, Lalín e A Estrada. Polo seu lado, na provincia de Lugo, os concellos con máis incidencias foron os de Vilalba e Friol; e na provincia de Ourense, os de Ribadavia e Toén.


CENTROS ESCOLARES


A Xunta explicou, a través dun comunicado, que se rexistraron pingueiras en sete centros escolares da provincia da Coruña e o levantamento da chapa do patio cuberto do CEIP López Ferreiro, en Santiago de Compostela.


Mentres, no CEIP Virxe do Carme de Sober (Lugo) suspendéronse as clases ata o luns debido ao levantamento da cuberta do centro, con 52 alumnos afectados por esta situación.


Pola súa banda, na escola infantil de Ares rexistrouse unha inundación no centro que provocou a suspensión da actividade, que este venres se prevé retomar "con normalidade", segundo concreta a Xunta. 


REFACHOS MÁXIMOS


En canto ao vento, ata o mediodía, os refachos máximos rexistrados por Meteogalicia situáronse en 158 quilómetros por hora na zona de montaña de Carballeda de Valdeorras (Ourense) e en 131 no punto de costa de Burela (Lugo).


Ao longo deste xoves o vento superou os 100 quilómetros por hora en diversos puntos do litoral galego e da montaña, con valores de 130 km/h en Cedeira (A Coruña), 127 en Cuntis (Pontevedra) e 121 en Camariñas.


ESTRADAS


Ata as 13,00 horas a incidencias rexistradas na rede autonómica de estradas foron doce avisos por caídas de árbores ou ramas en diversas vías, todas elas solucionadas e sen afectación actual ao tráfico, salvo na AC-840, na que aínda que non hai restrición de tráfico débese circular con precaución no quilómetro 32,1.


RESTRICIÓNS


Debido ao mal tempo, o Concello da Coruña restrinxiu a actividade da Torre de Hércules e a Casa das Ciencias polo temporal, ademais de permanecer pechados parques, xardíns e zonas infantís, segundo informa o Consistorio.


Con todo, fai un chamamento á cidadanía para extremar as precaucións "e evitar situacións de risco" tras decretar a Xunta a alerta vermella no mar por fenómenos costeiros e nivel laranxa por ventos de ata 110 quilómetros por hora.


SUR DE PONTEVEDRA


Varias localidades do sur da provincia de Pontevedra rexistraron este xoves diversas incidencias debido ao temporal de vento, a maioría por desprazamento de colectores e caída de árbores e postes eléctricos, aínda que ningunha delas levou perigo para as persoas.


Segundo informou a Policía Local de Vigo, na cidade olívica rexistráronse 11 colectores desprazados; dúas árbores caídas --nas avenidas Camelias e Arquitecto Palacios--; e dous postes de tendido eléctrico, tres sinales, valos de obra, un farol e un semáforo derrubados.


Así mesmo, en Ponteareas os efectivos de bombeiros comunicaron a Europa Press que tiveron que retirar unha árbore que caeu nunha estrada que dá acceso a tres vivendas, cortando o paso; e en Cangas, voluntarios de Protección Civil foron a retirar unhas estadas que caeron e danaron uns vehículos.

relacionada O vento tira de madrugada árbores, pólas e carteis
relacionada Galicia afronta catro días de temporal en terra e no mar

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE