Cazan conducindo a un vigués que cuadriplicaba a taxa de alcol

A policía deulle o alto pasadas as cinco da madrugada preto do Estadio de Balaídos.


|

Alcoholimetrogc


Axentes da Policía Local de Vigo instruíron dilixencias xudiciais ao condutor dun turismo que cuadriplicaba o límite máximo de alcol permitido ao volante.


Tal e como informou a Policía Local, os feitos ocorreron ás 5,20 horas deste mércores na Avenida de Fragoso, que está próxima ao estadio de Balaídos, concretamente á altura do número 82, onde unha unidade policial deu o alto ao condutor dun turismo.


Así, realizóuselle a proba de alcoholemia, na que o home deu un resultado positivo polo que cuadriplicaba o límite penal establecido, polo que se deu conta dos feitos á autoridade xudicial.

relacionada Un ferido grave en Vigo ao ser atropelado por un condutor bebido

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE