O Concello de Lugo recoñece estar a estudar a demolición das torres do Garañón

Sobre a creación dunha comisión, a alcaldesa, Lara Méndez, indicou que esta "non vai decidir porque non ten competencia". 


|

Torresogaraonlugo


A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recoñeceu este venres que o Concello está a estudar a demolición das torres do Garañón, despois de que este xoves, en pleno, se acordase reservar diñeiro nos orzamentos para tal fin.


Lara Méndez explicou que, co acordo deste xoves, preténdese estudar --de feito, precisou que "xa se está estudando independentemente"-- o acordado.


Neste sentido, sobre a creación dunha comisión, indicou que esta "non vai decidir porque non ten competencia". E é que, sinalou, quen ten competencia é o Goberno local e a Alcaldía: "Tomarase a mellor decisión para Lugo e os lucenses", asegurou.


Outra posibilidade que baralla o Consistorio é recorrer ante o Supremo a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que anulaba as licenzas de construción e de urbanización desa promoción inmobiliaria aos pés do parque Rosalía de Castro.


Así mesmo, Lara Méndez abundou en que "a demolición está aí, pero non porque o diga un acordo, senón porque é unha das opcións que hai". "Mesmo tamén falaba diso o propio promotor", apostilou.


"É certo que a sentenza, tal e como está redactada, dálle a razón á parte demandante, co cal esa é unha das opcións que existe", puntualizou respecto diso.


Polo demais, agregou que o Concello traballa na rehabilitación da fonte de San Vicente, na zona vella, que foi obxecto dun acto vandálico. "Está a traballarse desde a área de Infraestruturas", precisou, xusto antes de engadir que o obxectivo é repoñer a estatua na Praza do Campo.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE