A Eurocámara dá o primeiro paso para ratificar o CETA

|


SommetcanadabruxelasCETA 1

O Parlamento Europeo deu este martes o primeiro paso para cumprir a ratificación formal do acordo comercial entre a Unión Europea e Canadá (CETA), co voto a favor da comisión de Comercio Internacional da Eurocámara.


A comisión deu así luz verde ao acordo con 25 votos a favor, 15 en contra e cero abstencións. A posición favorable será sometida ao voto da plenaria na súa reunión do 15 de febreiro en Estrasburgo (Francia), segundo anunciou o presidente da comisión europarlamentaria, o socialista alemán Bernd Lange.


A Eurocámara pode aprobar ou rexeitar o pacto comercial, pero non modificar as súas disposicións. No voto, foron rexeitadas tanto as emendas que chamaban a tombar o CETA, como aquelas que avogan por aprazar un ano ou seis meses o consentimento.


APROBACIÓN DOS PAÍSES DA UE


O acordo de libre comercio entre a UE e Canadá é un acordo de competencia "mixta" que ao lado europeo comparten a propia UE e os Estados membros, o que implica que para a súa aplicación plena será necesario tamén contar co visto e prace formal de cada un dos países da UE.


Con todo, a Unión Europea espera que, se o acordo recibe luz verde de parte da Eurocámara, a súa posta en marcha "provisional" e parcial sexa posible xa desde o mes de abril, segundo explicaron fontes parlamentarias.


As negociacións entre a UE e Canadá chegaron á súa conclusión en setembro de 2014, pero as partes só lograron asinar o pacto a finais de outubro de 2016 e tras superar un último veto de Bélxica, polas reservas da súa rexión valona.


As dúbidas que expoñen algunhas das súas disposicións máis polémicas, como a legalidade do sistema de arbitraxe entre Estados e multinacionais, e o que fora visto como antesala para o acordo transatlántico entre a UE e Estados Unidos (TTIP) --cuxas conversacións están agora conxeladas-- complicou a súa ratificación.

relacionada Concentracións en varias localidades contra os tratados de libre comercio

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial
Powered by Bigpress