Localizadas con vida seis persoas no hotel enterrado pola neve en Italia

|

Rescateitaliahotel


Polo menos seis persoas foron atopadas con vida este venres polos servizos de emerxencia no hotel Rigopiano, na rexión dos Abruzos, que quedou sepultado por un alude de neve na madrugada do mércores ao xoves, segundo informan os medios italianos.


Os efectivos de rescate conseguiron localizar aos sobreviventes, pero aínda non puideron sacalos. Para axudar nas tarefas pediuse o envío de cinco helicópteros dos bombeiros que se atopan en Pescase para que leven mantas e outro material para o rescate.


Os equipos de rescate lograran recuperar Xoves catro corpos do hotel e os bombeiros informaran que non parecía haber sinais das preto de 30 persoas que estaban no aloxamento no momento que se produciu a avalancha, ocasionada pola serie de tremores que sacudiron o centro de Italia desde o mércores.


Por outra banda, a axencia ANSA informou que se atopou este venres o corpo sen vida dun home que desaparecera en Campotosto, na provincia de L'Aquila, golpeada polos terremotos do mércores.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress