Un helicóptero súmase á procura da octoxenaria desaparecida en Meira

A muller vivía soa desde o falecemento do seu marido.


|

Helicpterosalvamentorescatehoriz


A Garda Civil prosegue este xoves as labores de procura da muller de 85 anos Oliva López Tellez, desparecida desde o luns no lugar de Murias, na parroquia de Seixosmil, no municipio de Meira (Lugo).


Segundo explicaron fontes do Instituto Armado, o mércores pediuse un helicóptero para, con esta aeronave, completar este xoves os labores para localizar á octoxenaria, que vivía soa desde o falecemento do seu marido.


Varias patrullas da Garda Civil colaboran nos traballos co fin de localizar o paradoiro da muller que abandonou o fogar sen o bastón co que se manexaba e sen o can que a acompañaba "a todos os sitios", segundo comentaron.


No interior da casa, que foi revisada por axentes da Garda Civil, acharon o estado da mesma en condicións "lamentables", mesmo de infrasalubridade, segundo indicaron as mesmas fontes.

relacionada Incorporan cans de rastrexo á procura dunha octoxenaria en Meira

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE