Centros de ESO e FP acollerán, por primeira vez este ano, formación para desempregados

A Xunta aposta pola formación dos desempregados para incrementar as oportunidades laborais e atopar traballo


|

Instituto


A Xunta volveu ratificar este mércores a súa aposta pola formación dos desempregados como vía para incrementar as súas oportunidades laborais e atopar un traballo.


Esta "aposta clara" trasladárona o director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes, e o director xeral de Educación, Manuel Corredoira, na súa reunión cos directores dos centros de ESO e FP de Galicia que este ano acollerán por primeira vez formación para desempregados.


En concreto, segundo indicou a Xunta a través dun comunicado, o programa 'Cualifica FP' permitirá contar con máis de 3.200 novas prazas este tipo de oferta formativa. Supón, por tanto, "multiplicar por tres" o orzamento, o número de cursos e de prazas de formación para desempregados na rede pública.


Segundo as previsións que manexa o Goberno galego, entre 2017 e 2018 investiranse case 10 millóns de euros para levar a cabo case 335 accións formativas para desempregados en 56 centros.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE