Goberno e PSOE pactan o mecanismo extraxudicial para devolver as cláusulas chan
Ao tratarse dun Real Decreto Lei, que se prevé que sexa aprobado no Consello de Ministros deste venres, entrará en vigor en breve.
O Goberno e o PSOE pactaron a solución extraxudicial para devolver o diñeiro cobrado polas cláusulas chan das hipotecas que sexan abusivas.
O Executivo está a ultimar un Real Decreto Lei para articular este sistema, que se prevé aprobar no Consello de Ministros deste venres. Desta maneira, ao non tramitarse como proxecto de lei, entrará en vigor en breve.
O Goberno decidiu aprazar unha semana o real decreto lei en busca de gañar unha "maior marxe" de acordo co PSOE para a súa posterior tramitación no Congreso dos Deputados.
O sistema extraxudicial persegue facilitar un acordo coas entidades e establece un prazo máximo de tres meses para a súa devolución.
Este procedemento será obrigatorio para a entidade, pero voluntario para os consumidores. Tampouco se aplicará unha recarga tributaria, segundo precisaron as fontes.
O Executivo quere evitar unha avalancha de demandas nos tribunais ante os custos extras que poden levar tanto para os hipotecados como para as entidades.
Escribe o teu comentario