A Federación Española de Diabetes denuncia a mala calidade das agullas en Galicia

|

Medidorglucemiadiabetes


A Federación Española de Diabetes (FEDE) denunciou a mala calidade das agullas en Galicia e criticou que, "a pesar das manifestacións e reclamacións das asociacións de persoas con diabetes", a Administración pública non ten previsto realizar ningún cambio.


Segundo afirmou a FEDE este domingo nun comunicado, o material de inxección para persoas con diabetes presenta problemas de calidade na maioría de comunidades autónomas de España.


A organización atribuíu esta irregularidade ao criterio económico que "impera" nos concursos e que leva a que as casas comerciais de agullas de mala calidade sexan sempre as adxudicatarias, deixando fóra ás que "si contan con material de calidade demostrada". Neste sentido, a FEDE criticou que, "na maioría de comités nos que se decide a adxudicación da casa comercial, non están presentes os pacientes".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress