O CD Lugo, un dinosauro da Segunda División obrigado a rexuvenecer cada ano

Os lucenses preparan a que será a súa undécima tempada seguida en Segunda División. Ningún equipo na categoría encadea máis anos en Segunda que os lucenes.

 


|

Os lucenses preparan a que será a súa undécima tempada seguida en Segunda División. Ningún equipo na categoría encadea máis anos en Segunda que os lucenes. 

 

Como cada verán, o Lugo ten que cambiar practicamente todo o seu persoal para o próximo curso no Anxo Carro, o primeiro en Segunda sen Seoane nin Carlos Pita. 

 

Carrillo gol lugo
Gol de Carrillo ao Almería | Foto: A liga

 

Acompáñenme un segundito a ver como era o fútbol en 2012. Que verán aquel… España pechaba o círculo conquistando a súa segunda Eurocopa dando un baño a Italia na final. O Real Madrid tropezaba unha e outra vez en Champions, incapaz de alcanzar a tan ansiada décima. Pep Guardiola despedíase do Barça logo de gañalo todo tras catro tempadas e revolucionar para sempre o mundo do fútbol. Lonxe da cidade condal, na outra punta do país, un pupilo da súa filosofía esforzábase por lograr un fito histórico: levar ao CD Lugo a Segunda División. 

 

Pasou unha década. España non volveu a xogar tan ben ao fútbol, o Madrid non só conquistou a décima, senón que entre medias alzouse con outras catro, e o fútbol de Pep segue sendo o máis admirado, pero na Premier League. Quique Setién, o seu pupilo, mesmo chegou a ocupar o mesmo banco que no seu día deixou orfo Guardiola, aínda que o resultado non foi o esperado. Só unha cousa segue igual: o Lugo segue en Segunda. Desde aquel ascenso en Cádiz, os albivermellos lograron manterse, con máis ou menos esforzo, na división de prata do fútbol nacional. Ninguén en toda Segunda pode presumir dun refacho como a súa.

 

Real Zaragoza e Tenerife, equipos con máis recursos e orzamento que os galegos, compiten cos lucenses, aínda que van cunha tempada de atraso. Os maños descenderon ao ano seguinte de baixar o Lugo; os insulars subiron de Segunda B tras un descenso fulgurante de primeira á terceira categoría en apenas dúas tempadas. 

 

ONCE ANOS DE CAMBIO

O Lugo resistiu, chegando a deciseisavos de Copa, coqueteando algunha vez cos playoff, pelexando case sempre por non descender… E sempre con Carlos Pita e Seoane nas súas filas. A que vén será a primeira tempada en once anos sen os galegos. Por xubilacións, porque o Anxo Carro quédaselles pequeno ou por non dar a talla, cada verán o Lugo ten que asumir a difícil tarefa de reinventarse. 

 

Este ano, ás citadas baixas dos centrocampistas e Iriome, hai que engadir os adeus de Cambadabal, de Carrillo ou de Pol García, os últimos en facer as maletas tras Joselu, Alende ou Mayoral, que parten tras as súas cesións. Canella e Barreiro están no aire, mentres se presupoñen ofertas por Chris Ramos, Juanpe ou Cuellar

 

Indubidablemente, Pita, agora na dirección deportiva, ten moito traballo por diante. Remocicar a un equipo que soportou carros e carretas, todo un sobrevivente e, visto con perspectiva, todo un club do Jurásico. Só para facernos un pouco máis maiores: cando o Lugo ascendeu no Carranza, Vinicius JR tiña once aniños. O tempo voa, pero o Lugo segue. 


 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE